Xa quedan poucos días para que peche o prazo de presentación de ofertas para rehabilitar e humanizar a Área Recreativa de Outeiro en Cobas.
Se a túa empresa está interesada en facer a súa oferta ou, como veciño, queres saber que é o que van a facer alí, podes velo pinchando no seguinte enlace.
Ademais, aquí podes ver o prego das cláusulas económicas económico-administrativas.
Esta é unha obra moi necesaria na parroquia de Cobas. Aledámonos de que, despois de pedilo en repetidas ocasións, e de presentar unha moción, que rexeitou o grupo de goberno, se tomen medidas para acondicionar un espazo público fundamental para o tempo de ocio.
Lástima que a obra non sexa no total da superficie, acondicionando o que un día foi un campo de fútbol, e soamente se atenda ao contorno próximo á Casa da Cultura.
Este goberno non aprende e sempre actúa poñendo parches. Unha mágoa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario