A Deputación de Pontevedra ten aberto o prazo, para solicitar os seus campamentos de verán, na praia de A Lanzada.
Poderán participar nestes campamentos, os nados entre 2004 e 2009, ambos inclusive; que estean empadroados na provincia de Pontevedra; e que non teñan enfermidade infecto-contaxiosa en fase activa.
Realizaranse 11 quendas, entre os meses de xuño e setembro, de 7 días de duración cada unha delas.
As prazas adxudicaranse cun procedemento xeral, a través dun sorteo.
O pago final das familias será de 100 euros por menor (a Deputación subvenciona o 50% da praza, que ten un custo real de 200 euros), con todo incluido, ou 80 euros, no caso das familias numerosas.
Tamén se adxudicarán prazas por un procedemento específico, para menores en situación ou risco de exclusión social. Neste caso, a Deputación de Pontevedra subvencionará o 100% da praza.
A inscrición farase preferentemente a través da web da Deputación, onde se cubrirá a solicitude e se xerará o xustificante, que se entregará xunto coa documentación, nos Rexistros da Deputación.
Tamén se poderá entregar en formulario impreso.
O prazo de entrega estará aberto ata o luns 3 de abril.
Meaño ten asignadas, polo número de habitantes cos que conta, 25 prazas: 4 prazas para o procedemento específico e 21 prazas para o procedemento xeral.
Podedes consultar toda a información e a documentación a entregar, no seguinte enlace.
Moita sorte!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario