O
14
DE AGOSTO,ÁS 8
DA TARDE,HABERÁ
PLENO.
- A nosa Agrupación presenta neste Pleno:
-
Unha
moción sobre os animais de compañía.
Non
se pode consentir que se sigan dando casos de cans abandonados que,
por fame, matan ovellas ou lle morden a persoas. Ademais, das pérdas
económicas, poden transmitir enfermidades graves.
Por
iso, pedimos a creación dun regulamento que sirva para evitar,
ademais, outras situacións de maltrato como falta de comida, de
limpeza, de revisións veterinarias ou golpes.
- Por outra parte, o luns pasado houbo reunión da Comisión de Contas e tivemos que votar...
-
Sobre
as axudas a Asociacións.
As
súas peticións eran RAZOABLES
E NECESARIAS,
pero vímonos obrigados a votar EN CONTRA porque o concello non
valorou o número de persoas ás que beneficia cada Asociación nin o
maior gasto dunhas actividades sobre outras nin a tradición da
actividade ou o maior interese cultural e artístico.
Con
isto, perxudicouse a varias Asociacións. É necesario un reparto
máis xusto.
- Cos cartos da anterior Asesoría á Alcaldía, vanse liberar dúas concelleiras: Pilar González Dopazo de Dena e Milagros Pérez Gándara de Lores, que pasarán a cobrar un soldo anual.
No hay comentarios:
Publicar un comentario