DO QUE SE FALOU NO PLENO DO 12 DE XUÑO…
- A nosa Agrupación presentou neste Pleno:
-“Sorprendentemente”, o grupo de Goberno fixo unha
proposta igual á nosa, despois de que a Agrupación Socialista
presentase por rexistro esta moción.
Pedimos que na Páxina Web aparecera información sobre
os presupostos, as contas anuais, o Patrimonio Municipal, os
contratos menores, as modificacións de contratos, os convenios, as
subvencións, etc.
É necesario que os veciños coñezamos toda a
información económica, gastos e ingresos, que manexan nas oficinas
do concello. Iso é o que pretendía a nosa agrupación: as
contas claras para todos!!!
- Por outra banda, tamén preguntamos…
- Parécevos
suficiente o terreo para aparcar? Hai espacio para celebrar as festas
desta parroquia? Á nosa agrupación cre que NON.
Seguro que hai terreos máis apropiados pola mesma zona, onde non
haxa tantos perigos para os nenos, como o río, o paso dos coches,
etc.
Veremos a onde chega esta idea da Alcaldía…
Por certo, como vos enterastes desta noticia? Vístelo
nun bando municipal? Ou no periódico? Este goberno informa antes á
prensa que aos propios veciños afectados. Pensades que isto é
lóxico?
Onde está a transparencia?
No hay comentarios:
Publicar un comentario