05 marzo 2017

Sobre o Polígono de Nantes.



A Agrupación Socialista de Meaño veu demandando respostas a cuestións como cal era o estado da Estación Depuradora de Augas Residuais de Os Pasales; ou cal era a súa capacidade para recibir o caudal xerado polo futuro Polígono Industrial de Nantes (Sanxenxo), desde que se comezou a falarse desta posible conexión.

Cada vez que lle preguntamos ao grupo de goberno por este asunto, contestaron que non eran técnicos nin expertos na materia e que descoñecían as respostas ás nosas preguntas. 

Sen embargo, seguiron sen facer ningunha consulta a Augas de Galicia.

A resposta chegou fai un días e podedes lela aquí.
O informe de Augas de Galicia é desfavorable.
A EDAR non é quen de recibir un caudal tan elevado como o do polígono citado.
  
En publicacións posteriores, afírmase que a EDAR está saturada e o bombeo non podería co aumento do caudal. 
A estas informacións, a Alcaldía contesta dicindo que "confía en que a situación se reconduza"

Estaría ben saber como espera que se faga.
 Cunha nova estación de bombeo? Cunha nova EDAR? Desconectando da rede aos veciños de Meaño? Ou espera que o milagre veña do seu partido político? Obrigarán a Augas de Galicia a rectificar? Despois de todo, os únicos perxudicados serían os veciños de Meaño e Meaño non é máis que un concello pequeno.

Todo apunta a que esta última é a mellor opción.
 Un barón do partido de goberno na Xunta afirma categoricamente, o polígono conéctase a Meaño, si ou si...e a nosa alcaldesa permanece en silencio, confiando en que a situación se reconduza... perxudicando aos nosos veciños? Antepoñendo intereses privados? A risco de multas posteriores de Augas de Galicia por verquidos? Sen ter en conta a saúde dos veciños?
Cantas preguntas sen resposta. Confía, en que? en milagres do seu partido? na Galicia do caciquismo?

E, para finalizar a historia, a quen deciden todos acusar co dedo, coa complicidade de quen nos goberna? A Meaño principalmente, aínda que tres concellos verten nesta EDAR.

Din que vertemos pluviais e a Alcaldía non resposta!!! 
Claro, que algún partido da oposición tamén o afirma, sen que a Alcaldía lle resposte. De onde sacan esas afirmacións? Que datos manexan? Ou é que durante pasadas lexislaturas, cando gobernaban outros, se cometeron irregularidades ou se pagaron favores? Houbo tamén cacicadas?

Cantas das nosas pluviais acaban na EDAR?
Soamente o 20% aproximadamente das nosas augas pluviais acaban na EDAR
Con esa cantidade satúrase a estación?
 NON!!!
Que conecta realmente Sanxenxo a EDAR? Ou Cambados? Alguén o sabe? Alguén o comprobou?
Máis interrogantes sen resposta.

BASTA XA DE ASOBALLAR AO PEQUENO!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario