DO QUE SE FALOU NO PLENO DO 27 DE ABRIL…
- A nosa Agrupación presentou neste Pleno:
-A
moción sobre o Punto Limpo.
Parece que esta moción gustou na Corporación, sobre todo, no equipo
de Goberno, que decidiu votar A FAVOR.
Pedimos a creación dun regulamento para coñecer os
nosos dereitos e obrigas como usuarios e evitar que siga aparecendo
lixo de todo tipo, en lugares como o monte, ao lado dos colectores,
etc.
É necesario que os veciños coñezamos os horarios para
poder levar os residuos, que materiais se recollen, en que condicións
debe chegar ao Punto Limpo, promover información sobre como separar
eses materiais,…
- Por outra banda, tamén tivemos que votar…
-Sobre
o canon da auga. Non podemos
abandonar ás familias á hora de afrontar o pago excesivo de 1000
euros ou 2000 euros… por unha fuga ou rotura na súa propiedade.
Por iso, votamos A FAVOR
para que a decisión final non quede nas mans do equipo de goberno e
que o criterio sexa igual para todos.
- Neste Pleno, aínda que se contestaron moitas das nosas preguntas, o equipo de goberno deixou no aire que ocurrirá co posto da Asesora. Non se sabe se será ocupado por outra persoa, se vai desaparecer ou se, con eses cartos, se vai liberar a un concelleiro. Como ben se nos dixo, “iso saberase no seu momento”!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario