-O próximo luns 15 de agosto celébrase, en Simes, Santa María.
Haberá un pasarrúas, a cargo da Asociación Cultural Penaguda, e, a partir das 21:00 horas e dentro do Programa Sons de Verán 2016, actuarán os Amigos do Acordeón de Meaño na Praza de Simes.
Despois, será o turno do Quinteto Magno Brass.
-O domingo 21, será o turno da Virxe do Carme.
O pasarrúas e o concerto ás 21:30 horas, correrán a cargo da Banda Unión Musical de Meaño.
Despois, comezará a verbena coas orquestras Calle Real e Player´s.
-O luns 22 de agosto, conmemorarase a San Roque.
O pasarrúas realizarao a Banda Unión Musical de Meaño e na verbena, que comezará ás 22:00 horas, soarán as orquestras Trébol e Solara.
Os días 21 e 22 de agosto, haberá inchables gratis.
A desfrutar da festa!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario