O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou hoxe a convocatoria de licitación, do Concello de Meaño, para a adxudicación da obra de mellora da rede de saneamento no lugar de Pereiras (Dena-Meaño).
A tramitación é urxente e o único criterio de adxudicación é o prezo máis baixo.
O prazo de presentación de ofertas é de 13 días naturais, contados a partir de mañá.
A data é hora, na que se abrirán as ofertas, publicarase no Perfil do Contratante do Concello de Meaño (http://www.contratosdegalicia.es)
O prazo máximo de execución será, en todo caso, o 20 de outubro.
As persoas interesadas, podedes ver cal é a documentación a entregar e de que maneira se debe achegar, no seguinte enlace.
Para consultar o Proxecto Técnico de Mellora da Rede de Abastecemento en Pereiras, podedes pinchar aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario