07 agosto 2016

Pleno de agosto.


CONVIDÁMOSTE Á SESIÓN ORDINARIA DO
PLENO DA CORPORACIÓN DE MEAÑO 
QUE SE CELEBRARÁ NO CONCELLO O
 VINDEIRO LUNS, DÍA 8 DE AGOSTO DE
 2016, ÁS 20:00 HORAS.

Tratarase o seguinte ORDE DO DÍA:

1.- Aprobación da Acta do Pleno de 13 de xuño de 2016.
2.- Proposta de festas locais, para o ano 2017.
3.- Expediente de modificación de crédito.
4.- Modificación da ordenanza reguladora do prezo público da Escola Infantil Municipal 0-3 anos.
5.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa por ensinanzas especiais nos establecementos docentes do concello. Cursos, ensinanzas e actividades que organice o Concello nas súas competencias educativas, culturais, deportivas e sociais.
6.- Solicitude de subvención da consellería de Política Social.
7.- Dar conta do período medio de pago a provedores e dos prazos de pago de obrigas correspondentes ao 2º trimestre 2016.
8.- Dar contas das delegacións da alcaldía na Xunta de Goberno Local e no Primeiro Tenente Alcalde.
9.- Dar conta das resolucións da Alcaldía.
10.- Moción sobre o acceso de As Covas (Meaño), presentada pola Agrupación Socialista de Meaño.
11.- Rogos e preguntas.



Meaño, a 6 de agosto de 2016

No hay comentarios:

Publicar un comentario