26 agosto 2016

Actividades para a fin de semana.



Mañá comeza a fin de semana e ao noso concello volven as actividades, nas que ocupar o noso tempo libre.



-Exposición "Atardecer", no Museo da Muller Labrega: o venres e o sábado de 18:30 a 21:30 horas; e o domingo de 11:00 a 14:00 horas.




- Venres 26 de agosto, de 16:00 a 20:00 horas, na Praza do Concello, en Meaño, haberá unha Festa de Hinchables e Escuma.
Se vai mal tempo, a festa trasladarase ao Pavillón de Meaño.



- Ás 22:30 horas, no contorno da Capela das Angustias, en Xil, actuará o grupo Los Wavy Gravies, dentro do Programa Sons de Verán 2016, do Concello de Meaño.




- Sábado 27 de agosto, ás 10:00 horas, no Campo de As Cachizas, en Dena, enfrontaranse, nun partido de fútbol, o Unión Dena de Xuveniles co Verdugo.

- Ás 12:00 horas, no Campo de As Cachizas, en Dena, xogarán o Unión Dena de Infantiles contra o Armenteira.

- Ás 17:00 horas, no Pavillón de Coirón, en Dena, partido de balonmán entre o Teucro Asmubal Feminino e o Lalín.

- Ás 19:00 horas, no Campo de As Cachizas, en Dena, estarán o Unión Dena Veteranos fronte ao Amanecer Veteranos

- Ás 20:30 horas, no Pavillón de Coirón, en Dena, XXII Trofeo Concello de Meaño, de balonmán.




- Domingo 28 de agosto, ás 10:00 horas, no Campo de As Cachizas, en Dena, desfrutaremos do partido de fútbol entre o Unión Dena de Cadetes e o Portonovo.

- Ás 19:00 horas, no Campo de A Lanzada, partido de fútbol entre o S.D. Noalla e o Unión Dena.

No hay comentarios:

Publicar un comentario