22 agosto 2016

Comedor da Escola Infantil Municipal.


Acaba de publicarse o anuncio da aprobación inicial da modificación da taxa da Escola Infantil Municipal de 0 a 3 anos.

Con esta ordenanza modificada, trátase de dar cabida ao servizo de comedor, que recordamos vai consistir en quentar e dar a comida, que as familias acheguen nun tupperware.

Este servizo, tal e como está redactado na ordenanza, conta cun prezo único e non ten en conta a situación económica familiar, polo que non se aplican descontos.

Ademais, tamén se fixa a contía por cada hora, a maiores das adxudicadas, que precisen usar as familias dos servizos da escola.

Tedes 30 días hábiles, a partir de mañá, para consultar esta modificación e facer as alegacións que consideredes oportunas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario