Despois da nosa chamada de atención neste blog e no noso facebook, parecía que nas oficinas do Concello de Meaño xa comprenderan onde debe facer un concello os seus anuncios:
- Na súa páxina web, na que se invertiron cartos públicos, dos nosos impostos.
- Nos taboleiros da Casa do Concello.
- Nos taboleiros dispostos polas diferentes parroquias, tamén a cargo dos nosos impostos.
Pero, unha vez máis, a confusión reina nestas oficinas, nas que está claro que alguén anda moi confundido, e sorpréndennos publicando, ás dúas da tarde do día 25 de agosto de 2016, un anuncio sobre a ampliación do prazo de inscripción (ata o 29 de agosto) para o Curso de Coctelería e Batidos sen Alcohol, encadrado dentro do Programa da Deputación de Pontevedra "Depo Ruarte 2016", nun perfil dunha rede social, non ligado oficialmente ao Concello de Meaño, mentres que non aparece este dato na páxina web do concello.
Información privilexiada??? Publicidade dun partido político afín ao equipo de goberno???
Nada xustifica este despropósito!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario