O
PLENO DO CONCELLO DE MEAÑO
O
Grupo Municipal Socialista (PsdeG-PSOE) no Concello de Meaño a
través da sua voceira Icía García Fernández e ó abeiro do
disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización,
Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (Real Decreto
2568/1986) presenta ante o Pleno da Corporación Municipal a seguinte
MOCIÓN,
referida ao acceso de As Covas
O
concello de Meaño conta con tres instalacións moi visitadas a
diario na zona de As Covas, como son, en primeiro lugar, o CEIP, en
segundo lugar, o Centro Médico e, en terceiro lugar, O Centro Social
Polivalente de Meaño.
Nunha
pequena zona albérgase o núcleo neurálxico da parroquia de Meaño
e do resto do Concello:
- Ao Centro Médico acércanse pacientes de todas as parroquias do Concello.
- Os usuarios do Centro Polivalente chegan ás instalacións nos vehículos autorizados polo propio Concello ou nos vehículos dos seus familiares.
E,
por último;
- Os alumnos e alumnas do CEIP As Covas trasládanse das súas casas ao colexio nos autobuses que se poñen á súa disposición ou nos coches dos seus pais.
Por
todos é sabido, que nas horas punta de tódolos días laborais,
existe un grave problema no acceso a esta área de As Covas.
Os
autobuses vense obrigados a realizar varias maniobras, adentrándose
no carril contrario, para poder entrar na pista que os conduce ata o
colexio. Estas maniobras realízanas a diario para poder trasladar
aos nenos ao colexio.
Se
xa de por sí, deben maniobrar con dificultades nese acceso, a tarefa
encrucécese máis se existen obstáculos, como poden ser vehículos,
que lles dificultan o labor.
Non
é a primeira vez que este grupo político pon en coñecemento ao
Grupo de Goberno de este hándicap.
É
verdade que se tratou de minorar o problema creando zonas de
prohibición de aparcamento nos arredores do acceso, pero ben é
certo, que estas medidas non solucionaron o problema.
De
acordo con todo o anterior, sómetese á consideración do Pleno da
Corporación á aprobación a seguinte;
PROPOSTA
DE ACORDO:
- Instar á Xunta de Goberno local a levar a cabo as medidas adecuadas e oportunas para subsanar os deficiencias sinaladas.
En
Meaño, 6 de xuño do 2016
Asdo:
Icía García Fernández
Voceira
do PSdeG-PSOE
SRA.ALCALDESA-PRESIDENTA
DO EXCMO CONCELLO DE MEAÑO
No hay comentarios:
Publicar un comentario