09 agosto 2016

400 bolsas de práctica laboral en empresas privadas.



Acaban de convocarse 400 bolsas de práctica laboral, destinadas a Titulados Universitarios ou de Formación Profesional, segundo os casos, sen experiencia laboral previa, no ámbito da súa titulación.

A convocatoria é en réxime de concorrencia competitiva e pretende promover e completar a formación dos bolseiros, en áreas de coñecemento ou actividades, que poidan facilitar a súa incorporación ao mercado laboral.

A dotación económica das bolsas será de 800 euros ao mes, para os universitarios, e de 700, para os titulados dos ciclos superiores.

Para presentar as solicitudes, previamente farase unha preinscripción na páxina web da Deputación de Pontevedra.
O prazo de presentación é de 20 días naturais, a partir de mañá.

Para consultar cal é a documentación a presentar, os pasos a seguir, como será o proceso de selección, etc, podedes ver o seguinte enlace.

Para que coñezades os perfís das titulación e as empresas nas que se farán as prácticas, podedes ver aquí o seu listado.

Moita sorte a tod@s!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario