05 agosto 2016

Matrícula aberta na Escola Municipal de Música.


Comeza o prazo de matírcula na Escola Municipal de Música!!!
Non esquezas cubrir a túa solicitude. Pincha aquí para facelo.


- Se este curso asistiches como alumnado á Escola Municipal de Música de Meaño e queres renovar a túa praza, podes facelo desde onte, xoves 4 de agosto, ata o vindeiro sábado 20 de agosto de 2016. Recorda que os sábados pola tarde a Casa do Concello está pechada.


-Se o que queres é matricularte por primeira vez, podes facelo do 1 ao 7 de setembro de 2016. Neste caso, soamente se poderá optar ás prazas que queden dispoñibles, trala matrícula do alumnado que renova praza.
Son poucos días, así que que non se che pase o prazo!!!


- Os/as alumnos matriculados na Escola de Música Municipal de Meaño poderán permanecer como máximo 8 anos na disciplina de Linguaxe Musical e 10 anos na disciplina de instrumento.


- Os criterios para adxudicar as prazas vacantes serán:
1. Empadroados do Concello de Meaño, por orde de entrada da solicitude no Rexistro do propio concello.
2. Ter un irmán xa matriculado nesta escola para o curso 2016-2017.
3. As demais solicitudes presentadas, por orde de entrada no Rexistro do Concello de Meaño.

As listas de admitidos publicaranse na páxina web do Concello de Meaño e no taboleiro de anuncios da entrada da Casa do Concello.
Os non admitidos pasarán á lista de reserva, por se se producise algunha baixa no primeiro trimestre.


O alumnado que pretenda optar a un segundo instrumento ou realizar un cambio de instrumento, poderá facelo unha vez finalizado o prazo de matrícula, sempre e cando  queden prazas vacantes.


- As prazas da Escola de Música son:

21 en Clarinete; 17 en Guitarra e en Trompeta; 16 en Saxofón; 15 en Inicio en Linguaxe Musical I,  en Inicio en Linguaxe Musical II e en cada un dos 8 cursos de Linguaxe Musical; 14 en Frauta Travesa; 12 en Piano Complementario, en Música e Movemento II e en Música e Movemento III; 10 en Música e Movemento I; 9 en Trombón e en Percusion; 8 en Armonía e Análise, en Trompa e en Piano; 7 en Tuba-Bombardino; 6 en Violoncello; 5 en Oboe e en Fagot.
           
           
 - As agrupacións instrumentais de conxunto ( madeira, metal, percusión, guitarra e chelo), a banda infantil e xuvenil e os coros seguirán as seguintes normas:

            - Para comezar en conxunto os/as alumnos/as deberán estar no 2º ano de instrumento e permanecer como mínimo  3 anos.
            - Para comezar en coro os/as alumnos/as deberán estar en Inicio Linguaxe Musical II e permanecer na actividade como mínimo 5 anos.
           - Para formar parte da Banda Infantil os/as alumnos/as deberán estar no 2º curso de instrumento e pasarán a Banda xuvenil por indicación do seu mestre e director, deberán permanecer na actividade como mínimo 5 anos
         
      
Moita sorte a tod@s!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario