Achégase o gran día, en que a parroquia de Meaño se enche de atletas, para participar na súa Carreira Popular: será o día 11 de setembro de 2016!!!
Haberá 4 circuitos:
- Longo (6 quilómetros), para os nacidos antes do ano 2002.
- Mediano (1.600 metros), para os nacidos entre o 2003 e o 2008.
- Curto (1.070 metros), para os nacidos do 2009 ao 2011.
- Chupetes (non competitiva) (100metros), para os nacidos a partir do 2012.
- Ademais, tamén se poderá participar na categoría de Andantes (non competitiva) (3,5 quilómetros).
- Ademais, tamén se poderá participar na categoría de Andantes (non competitiva) (3,5 quilómetros).
Todos os circuitos tomarán a saída ás 11:00 horas, agás o circuito Chupetes, que o fará ás12:00 horas.
A carreira é gratuita, pero convídase a cada participantes a doar un quilo de alimentos non perecedoiros, cando vaia recoller o seu dorsal o día da carreira, para o Programa de Emerxencia Social do Concello.
Tedes que inscribirvos na web, pinchando aquí, onde tamén tedes a información completa sobre a proba. Facédeo antes das 23:59 horas do xoves 8 de setembro
OLLO: Os participantes na categoría de Andantes, terán que inscribirse presencialmente o día 11 de setembro entre as 9:00 e as 10:30 horas, na Praza do Concello.
OLLO: Os participantes na categoría de Andantes, terán que inscribirse presencialmente o día 11 de setembro entre as 9:00 e as 10:30 horas, na Praza do Concello.

Como novidade deste ano, vanse organizar actividades (visita a unha adega; paseos...) previas á carreira, para os participantes e acompañantes que o desexen, o sábado 10 de setembro. Para poder acudir a elas, hai que facer outra inscripción, esta vez na Casa do Concello, a través dos teléfonos 986.74.71.02 e 986.74.75.85.
Moita sorte a tod@s!!!