Durante o Pleno da Corporación de hoxe, a nosa agrupación, fíxolle dous ROGOS á Alcaldía.
1.- Rogámoslle que responda detalladamente ás cuestións que lle plantexamos, cando solicitamos información, mediante informes escritos, con datos concretos, en lugar de con vaguedades ou remitíndonos ás ordenanzas correspondentes, que podemos buscar na rede nós mesmos.
A resposta da Alcaldía foi que xa contestan por escrito.
-NÓS DICIMOS: É CERTO QUE RESPONDEN, AÍNDA QUE NON O FAGAN CON PRONTITUDE, MÁIS BEN AO CONTRARIO, PERO SOEN NON RESPOSTAR AO QUE SE LLES PIDE, SE NON A APORTAR DATOS XENÉRICO, QUE NON RESOLVEN AS DÚBIDAS NIN APORTAN INFORMACIÓN SUFICIENTE.
2.- Solicitámoslle que respete as mocións que presentemos, a través do seguinte rogo:
No último Pleno pedimos que Alcaldía nos enviara exemplos do que consideraba unha moción. O obxectivo desta petición era adaptarnos aos seus requerimentos á hora de redactar as mocións para non volver a vernos envoltos nesta situación.
Ante esta petición a resposta da Alcaldía foi o silencio, e a verdade, podémonos imaxinar o por qué. Hoxe atopámonos con que algunhas das nosas mocións non se admiten para o seu debate e votación.
Non sei si se fixou que o que facemos nas nosas moción é levar o debate e votación a que se inste a Xunta de Goberno que tome medidas respecto a algún tema.
Como vostede ben sabe, algunhas destas medidas poden ser competencias do Pleno da Corporación e outras da Xunta de Goberno. Neste caso non está obrigada a cumplilo, polo tanto, non nos metemos nin interferimos nas súas competencias: porque non vai ter a obriga de realizalo, aínda que, de existir un acordo da corporación igual debería de atender a estas peticións. Despois de todo, no pleno está representada a voz da cidadanía.
Este esquema que lle acabo de expoñer ocorre tamén en outras instancias políticas como no Congreso dos Deputados onde moitas veces se debaten e votan competencias directas do Goberno e o mesmo pasa no Parlamento galego.
Vostede optou por facer unha lectura sesgada da lexislación vixente, por exemplo, hoxe neste Pleno rexistramos como moción unha que é idéntica a presentada o mes pasado polo seu partido, nun municipio da provincia e vostede acaba de rexeitala.
Así que, agora que é coordinara do PP do Salnés, por certo aproveitamos este Pleno para felicitala, debería tratar de ser máis obxectiva á hora de interpretar a lexislación, ou darlle algunha lección aos seus compañeiros.
As decisións que tomou respecto ás nosas mocións, obrigounos a acudir á Valedora do Pobo, como xa debe saber. A semana pasada tivemos a reunión.
Esta é unha das ferramentas que a lei nos outorga e se estas ferramentas levan consigo consecuencias para o Concello, vostede vai ser a única responsable. Repito: a única responsable.
Mire, agora voulle dicir por qué tomou esta actitude tan diferente a que mostrou na pasada lexislatura:
- Ten unha total falta de compromiso coas necesidades dos veciños.
- Non quere comprometerse con proxectos que non nacen do seu partido, xustificándoos como NON PRIORITARIOS.
- Antepón a súa necesidade de autoafirmación ao ben dos veciños.
- A inseguridade que lle provoca que a poboación de Meaño tome consciencia de que non fai nada si non lle din o que ten que facer.
Se nada disto fose verdade o seu proceder seria totalmente diferente, porque así xa nolo demostrou.
E non se equivoque, a oposición é moi necesaria polo ben do réxime democrático e, tanto vostede como nós, estamos aquí para conseguir o ben común dos nosos veciños.
Demostre que lle interesan as xentes de Meaño, por encima dos seus propios intereses, e debatamos e votemos os asuntos con normalidade.
Pola nosa parte, non imos seguirlle máis o xogo político: as mocións que presentamos adecúanse á lei, polo que queremos que sexan tratadas como mocións e non como rogos. Faremos todo o posible para que sexa así.
A Alcaldía dixo que:
- estaba clara a diferencia entre rogo e moción e que os nosos eran rogos.
-NÓS DICIMOS: A LEXISLACIÓN É CONFUSA E, AÍNDA QUE LLE PEDIMOS EXEMPLOS DE MOCIÓNS E ROGOS NO ANTERIOR PLENO, NON NOS FORON ENVIADOS.
-incluimos nas mocións, actuacións que levabamos no noso programa.
-NÓS DICIMOS: NAS NOSAS MOCIÓNS INCLUIMOS NECESIDADES DOS NOSOS VECIÑOS E NON ACTUACIÓNS INCLUIDA NO NOSO PROGRAMA.