Meaño,
a 11 de marzo de 2016
NOTA
DE PRENSA
ICIA
GARCÍA PARTICIPARÁ NO ENCONTRO PARA FALAR DA PRESENZA DAS MULLERES
NA POLÍTICA.
Icia
García, voceira da Agrupación Socialista de Meaño, intervirá, o
próximo domingo día 13 de marzo de 2016 ás 11:00 horas no Pazo da
Cultura de Pontevedra, nun encontro-debate organizado pola Comisión
Executiva Provincial do PSdeG-PSOE.
Neste acto tamén
intervirán Carmela Silva (Presidenta da Deputación de Pontevedra),
Pilar Cancela (Deputada Nacional e Secretaria de Organización
PSdeG-PSOE), María Quintas (Deputada Autonómica) e Lara Méndez
(Alcaldesa de Lugo).
Unha
xuntanza que baixo o titulo “MULLERES POLO CAMBIO POLÍTICO”,
quere abordar tres ideas fundamentais sobre a presenza da muller na
política, debatendo as dificultades de xénero para participar en
política, os plantexamentos das propias mulleres para mudar a
política e as políticas de igualdade como un eixo transversal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario