09 marzo 2016

Día da Muller Traballadora en Meaño.


8 de marzo: día da muller traballadora.

Esta fin de semana, en Meaño, conmemórase esta data tan significativa.
O sábado 12 de marzo, realizarase a IX Cea de Cofraternización de Mulleres. 
Será no Restaurante Rodiño, en Meaño, a partir das 22:00 horas. A música correrá a cargo do Dúo Prisma.
Se che interesa asistir, podes recoller a túa entrada, ata o día 10 de marzo, nas oficinas dos Servizos Sociais municipais. O prezo é de 23 euros.

Unha noite feminina!!!



O domingo 13 de marzo, no Centro Social de Dena, representarase a obra teatral "Puedes llorar los viernes", da compañía Teatro 105 Besos. Comezará ás 18:00 horas.

Ademais, durante este acto, faráselle entrega dos recoñecementos ás mulleres que xubilaron durante este ano.
Tamén se proxectará o vídeo "Somos iguais nos oficios" e presentarase a exposición de fotografías das mulleres nacidas no ano 1951.

Non faltedes!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario