A Deputación de Pontevedra acaba de publicar as bases, para participar nos Campamentos Polideportivos Príncipe Felipe 2016.
Os destinatarios son os rapaces con domicilio en calquera dos concellos da provincia, nacidos entre os anos 2002 e 2009, ambos incluidos.
Os campamentos distribuiranse en 6 quendas, en cada unha das cales se ofertarán 50 prazas, ata un total de 300. As quendas son as que seguen:
- Primeira quenda: do 11 de xullo ó 16 de xullo.
- Segunda quenda: do 18 de xullo ó 23 de xullo.
- Terceira quenda: do 25 de xullo ó 30 de xullo.
- Cuarta quenda: do 8 de agosto ó 13 de agosto.
- Quinta quenda: do 15 de agosto ó 20 de agosto.
- Sexta quenda: do 22 de agosto ó 27 de agosto.
Os campamentos realizaranse nas instalacións do Centro Príncipe Felipe, en Montecelo, onde, entre outras, se realizarán as seguintes actividades: saídas ao medio natural; parque multiaventura; tiro con arco; deportes en equipo; actividades acuáticas; obradoiros...
O custo é de 125 euros por neno.
As solicitudes de preinscripción presentaranse a través dun formulario impreso, que se pode conseguir nas oficinas da Deputación en Pontevedra ou Vigo, ou a través dun impreso web, na páxina da Deputación "www.depo.es"
O prazo de presentación comeza mañá e remata o día 15 de abril de 2016.
No hay comentarios:
Publicar un comentario