16 marzo 2016

Reserva de praza na Escola Infantil Municipal de 0 a 3 anos.



Se precisas unha praza na Escola Infantil Municipal para o curso que vén e é a primeira vez que o teu fillo ou filla vai acudir, tes desde o 15 de marzo ata o 15 de abril para facer a túa reserva de praza.

Has de acudir ao Departamento de Educación do concello coa a documentación que segue:

-Modelo de solicitude, dispoñible na web do concello.
-D.N.I. da nai, pai ou titor legal.
-Tarxeta sanitaria do menor.
-Libro de familia.
-Se é o caso, libro de familia numerosa.
-Xustificante de ocupación ou desemprego (última nómina, certificado de vida laboral, certificación da empresa ou certificación como demandante de emprego).
-Declaración do IRPF do exercicio 2014 dos dous proxenitores ou certificación expedida pola Axencia Estatal de Administración Tributaria, no caso de non estar obrigados a declarar.
-Certificado de convivencia do solicitante.

Non quedes sen a túa praza!!!





No hay comentarios:

Publicar un comentario