14 marzo 2016

Actos Día da Muller.


No día de hoxe remataron os actos de conmemoración do Día da Muller.

No Centro Social de Dena, comezouse coa obra de teatro "Pudes llorar los viernes".
Trátase dunha obra dura, na que se abordan diferentes aspectos da violencia contra as mulleres.

Esta actuación estivo subvencionada pola Deputación.



 Despois, proxectouse o vídeo "Somos iguais nos oficios", no que se falaba dos traballos de varias veciñas do concello, algunhas das cales foron homenaxeadas no salón de actos.




Tamén recibiron o seu recoñecemento as mulleres que se van xubilar ao longo deste 2016.


No hay comentarios:

Publicar un comentario