14 marzo 2016

Nota de prensa: o CEIP Coirón-Dena no Parlamento de Galicia



Meaño, a 13 de marzo de 2016



NOTA DE PRENSA

AS DEFICIENCIAS DO CEIP DE COIRÓN-DENA CHEGAN Ó PARLAMENTO GALEGO DA MAN DA AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE MEAÑO.

Despois dunha reunión organizada por Icia García, voceira da Agrupación Socialista de Meaño, coa ANPA “Sementeira” e a deputada autonómica Patricia Vilán Lorenzo, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presentaron unha proposta para debater no Parlamento Galego as deficiencias existentes no CEIP de Coirón-Dena, as cales a deputada autonómica puido comprobar de primeira man.

Na iniciativa presentada no Rexistro Xeral do Parlamento de Galicia solicítase instar á Xunta de Galicia para realizar con carácter prioritario e urxente a reparación do pavimento polo risco que representa o seu estado para a seguridade dos nenos e nenas; a substitución de toda a cuberta a tal voou na súa maior parte o día 6 de febreiro e as obras de arranxo seguen a ser moi lentas; e o control e erradicación da praga de carcoma.

Ademais, con carácter preventivo, o control das fisuras do forxado teito da primeira planta e das escaleiras, avaliando a súa evolución e actuando en consecuencia. E con carácter secundario, aínda que non por iso menos importante, a colocación de burletes de goma na carpintería exterior.

Tamén se fai constan que nas instalacións do colexio non hai comedor, polo que os cativos e cativas comen nun barracón de obra que se adaptou, de maneira provisional fai máis de 6 anos

A ANPA do centro xa había manifestado con anterioridade estas deficiencias á Consellería de Educación.


No hay comentarios:

Publicar un comentario