A semana pasada, Paticia Vilán achegouse ata Dena, invitada pola nosa Agrupación.
A Deputada Autonómica e a Portavoz da Agrupación Socialista de Meaño, Icía García, mantiveron unha reunión coa Asociación de Nais e Pais de Alumnos Sementeira do C.E.I.P. Coirón-Dena.
Durante a reunión abordaron diferentes temas, tales coma os estragos causados polo temporal ou o estado do comedor escolar.
Moitas gracias á ANPA Sementeira pola súa colaboración e a Patricia Vilán pola súa boa disposición para tratar de solucionar e mellorar algúns dos problemas dos nosos veciños.
No hay comentarios:
Publicar un comentario