DELEGACIÓN DO CONCELLO DE MEAÑO NA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA EN MATERIA DE XESTIÓN DE RECURSOS LOCAIS.


O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria celebrada o día 26 de febreiro de 2016, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que realizou o concello de Meaño por acordo do Pleno municipal de data 14 de decembro de 2015, das facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobro na tesourería do concello.


A citada delegación realizarase pola Deputación de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.