AO GRUPO DE GOBERNO DO CONCELLO DE MEAÑO.
ROGO do Grupo Municipal Socialista no Concello
de Meaño, a través do seu voceiro Don Manuel Radío Oubiña, ó abeiro do disposto
no artígo 97/6 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réximen Xurídico
das Entidades Locais, en relación co art. 56.2 da Lei de Bases de Réximen
Local.
Meaño é o segundo núcleo urbano do noso
concello. É en Meaño onde os veciños atopan servizos coma o CEIP As Cobas, o
Centro de Saúde de Meaño, a Casa do Concello, o Museo da Muller Labrega, etc.
Na última década veu experimentando un crecemento, xurdido a partir do empuxe
da construcción e do impulso da hostalaría e o pequeno comercio, facendo que
haxa máis visitantes na capital municipal.
Por outra parte, a pirámide poblacional de
Meaño indica unha tendencia ao avellentamento progresivo, polo que se poden
prever, nun futuro cercano, maior número de persoas con mobilidade reducida.
Así pois, é preciso que as nosas estradas e
beirarrúas se atopen nas mellores condicións posibles, para recibir de maneira
axeitada aos nosos visitantes e para facilitar a súa mobilidade e a dos nosos
veciños.
Isto non se vai acadar completamente ata que
se complete a construcción da beirarrúa que une a Rúa Campo da Feira- As Covas.
Polo que formulamos o seguinte,
ROGO: Que por parte do grupo de goberno e a
Alcaldía se tomen todas as medidas necesarias, para rematar a urbanización das
rúas Rúa Campo da Feira-As Covas, coa construcción dunha beirarrúa, que conecte
a Casa do Concello co Museo da Muller Labrega.
En
Meaño, a 26 de xullo do 2019
Asdo. Manuel Radío Oubiña
(Voceiro do Grupo Municipal Socialista)
No hay comentarios:
Publicar un comentario