O PLENO DO CONCELLO DE MEAÑO
O Grupo Municipal Socialista
(PsdeG-PSOE) no Concello de Meaño a través do seu voceiro Manuel Radío Oubiña e
ó abeiro do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización,
Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (Real Decreto 2568/1986)
presenta ante o Pleno da Corporación Municipal a seguinte
MOCIÓN,
REFERIDA Á SITUACIÓN DO SERVIZO DO CENTRO MÉDICO DE DENA
Unha atención primaria (centros
médicos) fortalecida supón unha maior capacidade de funcionamento da rede de
hospitais, que ven menos saturadas as súas propias dinámicas de funcionamento,
dende a redución de entradas en urxencias ata a optimización de tempos e de
diminución de listas de espera.
Non obstante, no concello de Meaño a atención
primaria sanitaria vén sufrindo a desatención por parte da dirección da Estrutura
Organizada de Xestión Integrada (EOXI) de Pontevedra e, por extensión, da
Consellería de Sanidade. Xa nas pasadas datas de Nadal o centro sufría
problemas de saturación, non resoltos pola consellería, e que provocaron a
sobrecarga sobre os profesionais.
En recentes datas, estivemos
sufrindo novos problemas. Os dous profesionais do centro de saúde de Meaño están
realizando a atención aos pacientes asignados á consulta de Dena, que está
agora mesmo sen médica que a atenda, xa que non se cubre a ausencia da
facultativa propietaria da praza.
Ante esta situación, os pacientes
están sendo derivados ao centro de Meaño que, efectivamente, ábrese pola tarde
pero sen maior dotación de profesionais, o que supón unha sobrecarga para os
facultativos, dobrando a súa xornada laboral, mañá e tarde.
Deste xeito, a EOXI pretende
realizar un acto discriminatorio, adoptando a idea de pechar o servizo que está
a realizar o centro médico de Dena. Isto suporía unha sobrecarga de pacientes
para o outro centro médico de Meaño, que non conta con suficiente persoal, nin
recursos, nin espazo para a atención primaria dos veciños do noso concello.
De acordo con todo o anterior, sómetese á consideración do
Pleno da Corporación á aprobación a seguinte:
PROPOSTA DE
ACORDO:
2- Solicitar á Estrutura Organizada de Xestión
Integrada (EOXI) de Pontevedra que adopten as medidas necesarias para non
pechar un servizo necesario desenvolto no centro médico de Dena para a
poboación de Meaño.
En Meaño, a 17 de xullo do 2019
Asdo: Manuel Radío
Oubiña
(Voceiro do PSdeG-PSOE)
SR.ALCALDE-PRESIDENTE DO EXCMO
CONCELLO DE MEAÑO
No hay comentarios:
Publicar un comentario