22 julio 2019

Solicitude para dotar de desfibriladores as instalacións municipais meañesas




O Grupo Municipal Socialista (PSdeG-PSOE) no Concello de Meaño, a través dos seus  concelleiros electos Ana Belén García Piñeiro e Manuel Radío Oubiña, e ao abeiro do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (Real Decreto 2568/1986) presenta a seguinte proposición:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

A Deputación de Pontevedra abreu o prazo para que os concellos de menos de 20.000€ habitantes poidan solicitar desfibriladores para as instalacións municipais. No Boletín Oficial da Provincia, de 14 de xuño de 2019, están publicadas as bases e a convocatoria da subvención, en onde se establecen unhas axudas de 50.000€ como máximo, nas que a Deputación de Pontevedra financiará entre un mínimo do 50% e un máximo do 100% do custe dos desfibriladores.

O prazo de solicitude será de 10 días hábiles, a partir do 17 de xuño de 2019.

Dito o anterior, realizamos a seguinte;

PROPOSICIÓN:


1- Solicitar a subvención da Deputación de Pontevedra, para dotar de desfibriladores as instalacións municipais meañesas.

2- Solicitar 4 desfibriladores.


En Meaño, a 20 de xuño de 2019.


Asdo: Ana Belén García Piñeiro (Concelleira do PSdeG-PSOE)                             

Asdo: Manuel Radío Oubiña  (Concelleiro do PSdeG-PSOE)                                    




SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO EXCMO. CONCELLO DE MEAÑO

No hay comentarios:

Publicar un comentario