AO GRUPO DE GOBERNO DO
CONCELLO DE MEAÑO
ROGO que formula Don Manuel Radío Oubiña,
voceiro do PSdeG-PSOE do Concello de Meaño, ó abeiro do disposto no artígo 97/6
do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réximen Xurídico das Entidades
Locais, en relación co art. 56.2 da Lei de Bases de Réximen Local.
A
Agrupación Socialista de Meaño preocúpalle a saúde dos seus veciños. Por elo,
leva, nestas dúas últimas lexislaturas, denunciando a situación da potabilidade
da auga das fontes de Meaño. A través dunha moción nosa, conseguimos que se
analizase a auga.
Non
obstante, na anterior lexislatura solicitamos a creación dunha ordenanza que
regulase a análise de todas as fontes unha vez cada seis meses. O grupo de
goberno votou en contra desta proposta, parecéndolles innecesaria.
De
todo isto, desencadeouse a problemática que estamos a vivir nestas semanas,
onde os veciños amosan o seu descontento coa actuación da alcaldía, pois,
retiraron os resultados das últimas análises feitas e, no seu lugar, puxeron
uns carteis, indicando “auga sen garantía sanintaria”.
Ademais,
non podemos deixar de informar aos veciños de Meaño dos resultados das
analíticas realizadas, pois, sería
expoñer as vidas dos nosos veciños e que corran perigo por a falta de
iniciativa por parte do equipo do goberno.
Por
este motivo, solicitamos o seguinte:
ROGO:
Que por parte desta
Alcaldía se fagan tódolos trámites necesarios para analizar a auga de todas as fontes de noso concello e que, ao mesmo
tempo, se poñan os resultados nas devanditas fontes.
Que
é necesario fixar a temporalización da realización das análises, com mínimo, unha
cada seis meses, para asegurar a longo prazo a cantidade e calidade de
suministro de auga.
En Meaño, a 4 de xullo de 2019
Asdo. Manuel Radío Oubiña (Voceiro do Grupo
Municipal Socialista)
No hay comentarios:
Publicar un comentario