ROGO do Grupo Municipal
Socialista no Concello de Meaño, a través do seu voceiro Don Manuel
Radío Oubiña, ó abeiro do disposto no artígo 97/6 do Regulamento de
Organización, Funcionamento e Réximen Xurídico das Entidades Locais, en
relación co art. 56.2 da Lei de Bases de Réximen Local.
No pleno celebrado o 11 de xuño
do 2018, o Grupo de Goberno, comprometíase a actualizar o Regulamento das
instalacións deportivas municipais, que nestes momentos tan só reflexa os
pavillóns de Dena e Meaño. No actual regulamento non se teñen conta as
restantes pistas deportivas, como o pavillón de Xil, a pista de pádel, a
piscina municipal e as pistas deportivas ao aire libre de Dena, Simes, Cobas,
Padrenda, Xil e Lores.
Pasou un ano dende ese
compromiso, reflexado na acta de dita sesión, e ainda non se realizou a
actualización do regulamento.
Así mesmo, ao longo da
lexislatura pasada, aprobáronse propostas socialistas, que a día de hoxe seguen
sen levarse a cabo, tal e como se detalla a continuación:
- Pleno do 13 de outubro do 2015, aprobouse por
unanimidade instar á Xunta de Galicia a realizar a limpeza da Ría de Arousa.
No mesmo pleno, aprobouse instar á Mancomunidade do Salnés á redacción de un Plan
Turístico para Meaño.
- Pleno do 27 de abril do 2017, aprobase pola unanimidade
dos membros da Corporación, a creación de un regulamento de explotación do Punto
Limpo do concello de Meaño.
- Pleno do 14 de agosto do 2017, apróbase por unanimidade
a creación de unha ordenanza para regular a tenencia e protección de animais
de compañía.
- Pleno do 13 de agosto do 2018, aprobase por unanimidade
a modificación da Ordenanza reguladora da taxa por ocupación de terreos de
uso público municipal con mesas, cadeiras, tribunas, taboadas e otros
elementos análogos, con finalidade lucrativa, así como a instalación de
pictogramas nos edificios públicos do concello.
- Pleno do 10 de decembro do 2018, apróbase por
unamididade instar ás empresas propietarias dos postes da luz e telefónicos
a sua retirada, así como estudar a posibilidade de imporlles sancións
económicas non atender ao requerimiento do Concello. No mesmo pleno, tamén se
aprobou a creación dun regulamento de participación cidadá.
- Pleno do 11 de febreiro do 2019, apróbase por
unanimidade a creación de unha ordenanza de protección contra a
contaminación acústica.
Polo que formulamos o seguinte,
ROGO: Que por parte desta Alcaldía se fagan tódolos trámites
necesarios para cumplir os acordos plenarios, tal e como establece a Lei 7/1985
reguladora das Bases do Réximen Local, no seu artigo 21.r), donde dispón que o
alcalde é o presidente da Corporación e ostenta a atribución de ordenar a
publicación, execución e facer cumplir os acordos do Concello.
En Meaño, a 23 de xullo
do 2019
Asdo. Manuel Radío Oubiña
(Voceiro do
Grupo Municipal Socialista)
No hay comentarios:
Publicar un comentario