01 agosto 2019

Rogos e preguntas do pleno do 26/VII/2019



 ROGOS

1- As baldosas das aceras de Dena están en mal estado, polo tanto, rogamos que se revisen 




2- En Meaño, xunto ao cruce despois do Rodiño, onde está o plátano, é necesario a instalación dun espello, sobre todo para os que acceden a esa carretera desde Os Agros e San Amaro.

3- Reincidimos na necesidade de que no vial entre a área industrial de Padrenda-Xil e o parque do Barreiro, en Xil, se faga un ancheamento desa carretera, pois, o estreitamento impide que pasen dous vehículos.

4- Pedimos máis actividades culturais e máis variadas en futuras ocasións, este verán son escasas e dirixidas na súa maioría a un público moi concreto (para nenos).

6- En Axís (Simes), rogamos que se arregle a fonte de Lagarei.

7- Solicitamos que a cuota da piscina sexa máis barata para os residentes no verán, se faga máis promoción de bonos e a posibilidade de ampliar o horario.

8- Pedimos a limpeza do camiño de Cacheiro en Dena.




9- Solicitamos máis mesas para a praia das Cebolas en Lores. Esta xa a pedimos en pasados plenos porque é unha petición da Asociación de Veciños.

10- Pedimos a reparación e acondicionamento do Merendeiro de Reboredos en Abuín 




PREGUNTAS

1- Fai unhas semanas metemos por rexistro un rogo sobre a solicitude á Deputación dos desfibriladores para as instalacións deportivas do Concello. Cantos se pediron? Onde os van poñer?

PEDÍRONSE 4: PARA CAMPO DE FÚTBOL MEAÑO, PISCINA, PAVILLÓN DENA E PAVILLÓN MEAÑO.

2- En Cobas,nas Campiñas, hai un “estanque” de auga cuberto de maleza. Este deixou de ter uso. Que se vai facer con el? Vaise acondicionar? Tense pensado sinalizar pola súa perigosidade?

3- En Viliquín cambiaron un poste da luz. Deixaron o brazo de luz tirado. Días despois desapareceu e non se volveu repoñer o punto de luz. Tense pensado repoñelo?

4- Ante o plan de incendios ao que nos adherimos na lexislatura pasada, como é o seu funcionamento? A onde se teñen que dirixir para coller a auga? De que nos dota aos concellos como Meaño ese plan?

5- Vai haber oferta cultural no Museo da Muller Labrega no verán? E durante o inverno?


NON ESTÁ ESTABLECIDA PARA O INVERNO. DE MOMENTO PARA O VERÁN NON HAI NADA.



6- Xa hai informe da Xunta de Galicia sobre a pista de pádel, acerca de se é legal cobrarlle aos usuarios?

7- Na pasada lexislatura, no pleno do 8 de abril de 2019, acordouse derogar a ordenanza de tráfico. Está derogada totalmente? Na páxina segue aparecendo.

8- Que sucede co transformador de Abuín? É legal? Que vai pasar coas portas, xa que parece ser que ocupan os 4 metros?

9- En que estado está a negociación polo aparcamento do Bartolo?

10- En que estado está a limpeza da depuradora do Cunchal en Padrenda? Nesa mesma zona, hai pistas con socavóns, os cales se deberían de reparar.

11- O merendeiro da Chanca, en Dena, non conta con acceso para chegar a el. Está prevista unha solución para este problema? 





12- Cal é a situación actual da cantina da piscina? Que vai suceder co resto das instalacións municipais e a venda e consumo de produtos dentro delas? Vaise regularizar a súa situación?




No hay comentarios:

Publicar un comentario