Meaño, a 27 de outubro de 2016
O PSdeG – PSOE PREGUNTA NO PARLAMENTO POLA REXENERACIÓN DA RÍA DE AROUSA
A petición das Agrupacións de Meaño e Sanxenxo, o PSdeG-PSOE pregunta no Parlamento
sobre o estado a Ría de Arousa.
En outubro de 2015
o Grupo Municipal Socialista de Meaño presentou una moción ao Pleno Municipal
denunciando a situación e solicitando a limpeza e depuración da Ría de Arousa.
A moción foi aprobada pola unanimidade do Pleno, mais non houbo avances ao
respecto no estado do lugar dende aquela.
O Deputado D.
Julio Torrado visitou a enseada de Os Pasales, unha zona limítrofe entre os
municipios de Meaño e Sanxenxo, cun alto valor natural, para denunciar o seu
deplorable estado por culpa dos vertidos, da falta de atención e limpeza en
todo o marxe da Ría de Arousa, restos de embarcacións, malos olores, …. O
aspecto é lamentable, cabe sinalar que estamos tamén nunha zoa de gran riqueza
ornitolóxica cun alto valor medioambiental, patrimonial e cultural.
Na
iniciativa presentada na Mesa do Parlamento de Galicia, e como primeiro paso
para a recuperación da Ría, os nosos representantes fan as seguintes preguntas
para o seu debate:
1ª) Qué valoración fai a Xunta de Galicia do estado de
conservación e coidado da enseada dos Pasales?
2ª) Cando foi recibida a moción aprobada no Pleno do
Concello de Meaño?
3ª) Qué acción se puxeron en marcha con respecto a dita
moción?
4ª) Que consideración lle merece a Xunta de Galicia a
potencialidade medioambiental, turística e de lecer do contorno de Os Pasales?
5ª) Ten previsto realizar a consellería algunha acción
destinada a mellorar a situación do lugar? Cal e cando pretende iniciala?
No hay comentarios:
Publicar un comentario