08 octubre 2016

Pleno 10.10.2016


Pleno do día 10 de outubro, ás 20:00 horas.

A Agrupación Socialista de Meaño pedirá neste Pleno:

- A rebaixa do IBI (Imposto de Bens Inmobles) para as vivendas que non teñen conexión á
traída de auga e ao alcantarillado municipais.
- A eliminación do IBI para as Asociacións e Agrupacións do concello sen ánimo de lucro.

- Para o Parque de Constenla de Cobas, a recollida das augas, a colocación de láminas
de caucho no solo e a instalación de aparellos para un Parque
Biosaudable.



E nos últimos meses, seguimos traballando...

- Por unhas axudas escolares xustas para todos. O grupo de goberno obrigou a
cumprir unhas condicións moi duras para as familias con nenos e adolescentes.
Por exemplo, aparte da vivenda familiar, non ter outros bens inmobles.
A cales se refiren? Aos piornos, aos galpóns, aos galiñeiros...?

Por esta razón, vímonos obrigados a VOTAR EN CONTRA. 

Cremos que hai que facerlle a vida máis fácil a quen non o está pasando ben.
Máis se temos en conta, que o noso concello desfruta de superávit.

No hay comentarios:

Publicar un comentario