09 octubre 2016

Moción Parque de Constenla (Cobas)

O PLENO DO CONCELLO DE MEAÑO

A Agrupación Socialista de Meaño, a través da súa voceira Icía García Fernández, solicita que se reúna a Comisión Informativa Correspondente para que dictamine favorable esta proposición para incluíla na orde do día e no próximo pleno do mes de outubro e, ao mesmo tempo, que sexa votada e debatida.



O Grupo Municipal Socialista (PsdeG-PSOE) no Concello de Meaño a través da sua voceira Icía García Fernández e ó abeiro do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (Real Decreto 2568/1986) presenta ante o Pleno da Corporación Municipal a seguinte PROPOSICIÓN, referida ao acondicionamento do parque situado en Constenla, Cobas.

Cobas, ao igual que todas as demais parroquias, presenta parques infantís para o divertimento dos cativos.
Así, esta parroquia conta cun dos parques máis visitados, o que está na localidade de Constenla.
Dada a importancia que estes espazos teñen no noso concello, debemos buscar un bo acondicionamento dos mesmos.
Tamén hai que recordar que Cobas é coñecida turísticamente polas súas tabernas, bares e furanchos, mobilizando gran cantidade de turistas e visitantes, que acoden a esta parroquia a comer ou cear, en moitos casos acompañados de menores. Na meirande parte dos casos, os nenos que veñen coas familias pasean pola zona e logo entretéñense xogando en devandito parque.
Sen embargo, as condicións nas que se atopa esta área recreativa poderíanse ter mellorado. Así, é necesario que as augas que acometen a zona queden ben recollidas. Por elo, sería preciso realizar un drenaxe da auga que se xenera no propio solo e a da fonte e desvialas polo regato que está situado ao lado do parque.
Ao mesmo tempo, sería conveniente dotalo dun piso axeitado, de láminas de caucho, para unha mellor seguridade dos usuarios.
Ademais, aproveitando estas melloras, poderíase dotar de aparellos para un “Parque Biosaudable”, o que suporía unha maior participación de persoas.

De acordo con todo o anterior, sómetese á consideración do Pleno da Corporación á aprobación da seguinte PROPOSTA:
  1. Instar á Alcaldía e/ou ao Grupo de Goberno a realización dun bo drenaxe para a recollida das augas, a colocación de láminas de caucho no solo, así como a instalación de aparellos para un Parque Biosaludable.

En Meaño, 1 de febreiro do 2016

Asdo: Icía García Fernández
Voceira do PSdeG-PSOE

SRA.ALCALDESA-PRESIDENTA DO EXCMO CONCELLO DE MEAÑO

No hay comentarios:

Publicar un comentario