12 octubre 2016

Moción de Urxencia sobre a Eliminación da Taxa da Pista de Pádel.


O PLENO DO CONCELLO DE MEAÑO

O Grupo Municipal Socialista (PsdeG-PSOE) no Concello de Meaño a través da sua voceira Icía García Fernández e ó abeiro do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (Real Decreto 2568/1986) presenta ante o Pleno da Corporación Municipal a seguinte MOCIÓN DE URXENCIA, referida á posible perda da Concesión da área recreativa de Os Pasales

O 2 de marzo do 2015, por Orden Ministerial otorgóuselle ao Concello de Meaño a concesión da Área Recreativa de Os Pasales, nos Seixiños, Dena.
Para esta concesión, a Secretaría de Estado de Medio Ambiente esixía unha inversión co obxecto da mellora da zona.
Ante a imposibilidade de renovación da Concesión por parte da Asociación de Veciños de Dena, provocada pola falta de recursos económicos para a inversión, o Concello de Meaño optou e conseguiu dita Concesión.
O proxecto presentado e, posteriormente, efectuado, contaba coa construción dunha pista de pádel, a construción dunha fonte, a imposición de áreas con céspede natural, arboleda e xogos tradicionais pintados na pista asfaltada, así como unha zona destinada ao aparcamento.
No pleno do 13 de outubro do 2015 realizouse a Modificación da Ordenanza fiscal reguladora da prestación do Servizo de Instalacións Deportivas onde se aprobou unha tarifa de 12€ por hora e media de utilización da pista de pádel, co VOTO EN CONTRA DO PARTIDO SOCIALISTA.
Na Prescripción A do título concesional da Área Recreativa de Os Pasales, sinálase que “Las obras objeto de la presente concesión serán de carácter general, público y gratuíto”; así mesmo, na Prescripción I tamén se indica que “El incumplimiento de cualquiera de las anteriores prescripciones dará lugar a la caducidad de la concesión con independencia de la tramitación del expediente sancionador que corresponda”
Deste texto enténdese que o establecemento dunha tarifa pola utilización da pista de pádel incumple o carácter xeral, público e gratuíto que se fixa nos requisitos da Concesión podendo obter como consecuencia a eliminación, de inmediato, de dita Concesión deste área ao Concello de Meaño, así como a iniciación dun expediente sancionador.
De acordo con todo o anterior, sómetese á consideración do Pleno da Corporación á aprobación seguinte;

MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POR SERVICIOS DE CASAS DE BAÑOS, DUCHAS, PISCINAS, INSTALACIÓNS DEPORTIVAS E OUTROS SERVICIOS ANÁLOGOS:

  1. Eliminación do texto íntegro da modificación da Ordenanza fiscal reguladora da prestación do Servizo de Instalacións Deportivas aprobada inicialmente polo Pleno da Corporación, en data do 13.10.2016
  2. Modificar o punto Primeiro.-Tarifas- do Anexo de dita Ordenanza, referido aos seguintes termos:
    • Eliminación da Tarifa polo Servizo de pista de pádel de 12€ por hora e media de utilización colectiva ou 4 usuarios/as
  3. Modificar o punto Segundo.-Normas Especiais de Xestión-Liquidación e ingreso- do Anexo de dita Ordenanza referida á liquidación e ingreso:
    • Eliminación do seguinte “- Pista de pádel: Bonos de 5 e 10 turnos. Para este efecto enténdese por turno cada hora e media de utilización”
  4. Modificar o punto Segundo.- Normas Especiais de Xestión-Beneficios- do Anexo de dita Ordenanza referida ao seguinte:
    • Especificar que o apartado “Beneficios” é referido exclusivamente ás instalacións da piscina municipal.
En Meaño, 10 de outubro do 2016

Asdo: Icía García Fernández
Voceira do PSdeG-PSOE

SRA.ALCALDESA-PRESIDENTA DO EXCMO CONCELLO DE MEAÑO

No hay comentarios:

Publicar un comentario