19 octubre 2016

Nota de prensa 10.10.2016

Meaño, a 10 de outubro de 2016 


A AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE MEAÑO DENUNCIA IRREGULARIDADES NA XESTIÓN DA ÁREA DE OS PASALES.

Icía García e Manuel Radío presentaron no Pleno da Corporación desta noite unha moción de urxencia para tratar de solucionar este problema o antes posible, ante o risco de pérda da concesión e/ou sanción por parte de Costas.

O 2 de marzo de 2015 outórgaselle ao Concello de Meaño a concesión da Área Recreativa de Os Pasales, en Dena, baixo a esixencia dunha inversión económica, con obxecto de mellorar a zona. O proxecto presentado contaba con áreas de céspede natural e arboleda; zona de xogos tradicionais; zona destinada a aparcamento...; e a construción dunha pista de pádel.

Na Prescripción A do título concesional da Área Recreativa de Os Pasales, sinálase que “Las obras objeto de la presente concesión serán de carácter general, público y gratuíto”. Deste texto, despréndese que o establecemento dunha tarifa, pola utilización da pista de pádel, incumple os requisitos da Concesión.
 “Sen embargo,-afirma Manuel Radío-, no pleno do 13 de outubro do 2015 o grupo de goberno realiza unha Modificación da Ordenanza fiscal reguladora da prestación do Servizo de Instalacións Deportivas”  , e aproba unha tarifa de 12€ por hora e media de utilización da pista de pádel.

Na Prescripción I recóllese que “El incumplimiento de cualquiera de las anteriores prescripciones dará lugar a la caducidad de la concesión con independencia de la tramitación del expediente sancionador que corresponda”.
 “É preciso poñer fin, coa maior premura posible, ás irregularidades que está a cometer o Concello de Meaño,-afirma Icía García-, modificando o antes posible, a ordenanza reguladora da prestación do servizo de instalacións deportivas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario