PLENO DO DÍA 10 DE OUTUBRO ÁS 20:00H
A Agrupación Socialista de Meaño pedirá neste Pleno:
-A rebaixa do IBI (IMPOSTO DE BENS INMOBLES) para as vivendas que non teñen conexión á traída da auga e ao alcantarillado municipais.
-A eliminación do IBI para as Asociacións e Agrupacións do concello sen ánimo de lucro.
-Para o Parque de Constenla de Cobas, a recollida das augas, a colocación de láminas de caucho no solo e a instalación de aparellos para un Parque Biosaludable.
E nestes últimos meses seguimos traballando…
-Por unhas axudas escolares xustas para todos. O grupo de goberno obrigou a cumprir unhas condicións moi duras para as familias con nenos pequenos e adolescentes. Por exemplo: aparte da vivenda familiar non ter outros bens inmobles. A cales se refiren? Aos piornos, aos galpóns, aos galiñeiros,…?
Por esta razón, vímonos obrigados a VOTAR EN CONTRA. Cremos que hai que facerlle a vida máis fácil a quen non o está pasando ben. Sobre todo, tendo en conta que o noso concello desfruta de superávit.
No hay comentarios:
Publicar un comentario