As familias que no ano 2016 teñan un fillo ou adopten un menor de un ano, poderán solicitar unha axuda económica.
Esta axuda, cunha contía máxima de 1.200 euros (100 euros ao mes, durante o primeiro ano de vida do bebé), pagarase a través da chamada "tarxeta benvida", que poderá ser utilizada en farmacias, parafarmacias, supermercados e tendas de alimentación.
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a
través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta.
Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros da Xunta de Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados desde o día seguinte a aquel en que se produce o nacemento.
No caso de dúbida, pódese contactar co teléfono "012" de atención cidadá ou enviar un correo electrónico a "012@xunta.es"
Toda axuda é pouca, hoxe en día, pero, ás veces, non podemos deixar de pensar que no 2016 hai eleccións autonómicas. Terán algo que ver ambos feitos???

No hay comentarios:
Publicar un comentario