04 enero 2016

PONTEGAL 2016


A Deputación de Pontevedra acaba de publicar  as bases para unirse ao Plan de Subvencións PONTEGAL 2016.

Poderán solicitar a inclusión neste Plan as bandas de música, masas corais, os grupos folclóricos, grupos de gaitas, bandas de gaitas, agrupacións de música tradicional, de música clásica ou de teatro, entre outros, co fin de contribuír a difundir e promover a música, o folclore, o teatro, a danza, o audiovisual e as demais manifestacións artísticas.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o próximo martes 5 de xaneiro e rematará o 1 de febreiro de 2016.

As agrupacións seleccionadas comprométense a desenvolver as actuacións que lles asigne a Deputación nos distintos municipios e centros culturais da provincia.
 Tamén se comprometen a velar por que as entidades solicitantes inclúan a publicidade das actividades en lingua galega, empregando linguaxe non sexista e co logo do Pontegal 2016-Deputación de Pontevedra nun lugar visible.

Moitos son os posibles candidatos no noso concello: animádevos!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario