10 enero 2016

Bono de Alugueiro Social.



 Estas subvencións están destinadas a atender, con carácter urxente, as seguintes situacións:

- Axuda para asumir o custo do arrendamento da vivenda, por estar inmersa en situacións de especial dificultade, coma unha demanda de desafiuzamento por non pagamento das rendas ou por unha resolución xudicial.

- Axuda ás vítimas de violencia de xénero, con dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que no momento da solicitude, se atopen residindo nun recurso de acollida dos integrados na rede galega de acollemento para este colectivo.

-Axuda para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda de persoas que foran privados da súa vivenda habitual por danos sufridos nesta, derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, tales como incendios, inundacións...

 O prazo para a presentación de solicitudes comeza o 31 de decembro de 2015 e termina cando se esgote a partida orzamentaria contida nesta convocatoria e, en todo caso o día 30 de novembro de 2016.

Aquí podedes ler toda a información.

Os anexos e a documentación a entregar, atoparédela aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario