A Deputación de Pontevedra acaba de convocar 200 BOLSAS para desenvolver prácticas laborais.
Están dirixidas a persoas con título universitario ou de formación profesional, SEN experencia laboral no ámbito da súa titulación.
Trátase de completar a súa formación, de xeito que se facilite, a súa incorporación ao mercado laboral.
Estas bolsas son de concorrencia competitiva e é preciso preinscribirse na páxina web da Deputación.
Algúns requisitos a cumplir, son:
-Ter a nacionalidade española ou dun estado membro da Unión Europea.
-Estar en posesión da titulación requerida, na data en que remate o prazo de presentación de instancias e con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2005.
-Estar empadroado nun municipio da provincia de Pontevedra, antes do 1 de xaneiro de 2015 ou acreditar unha antigüidade no padrón de 5 anos como mínimo.
-Ser demandante de emprego ou de mellora no Servizo Público de Emprego.
-Ter o CELGA III, para formación profesional ou o CELGA IV, para os titulados universitarios.
-Estar disposto a asumir os gastos de desprazamento ao centro de traballo, ao que sexa destinado.
Existen máis requisitos, que podedes consultar aquí.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais,
contados a partir de mañá, 20 de xaneiro de 2016.
Hai dúas bolsas para o Concello de Meaño, pero hai moitas máis para outros concellos do Salnés e organismos dependentes da Deputación.
Non desproveitedes esta oportunidade!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario