04 enero 2016

AXUDAS COMPLEMENTARIAS ÁS ERASMUS+



A Consellería de Educación acaba de convocar, en réxime de concorrencia competitiva, axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte no marco do Programa comunitario Erasmus+.

Estas axudas destinadas aos estudantes das universidades do Sistema universitario de Galicia e dos centros asociados da UNED en Galicia que participan en Erasmus Estudos durante o curso 2015/16.

Os requisitos que hai que cumprir son:

a) Ser cidadán da Unión Europea ou estranxeiro non comunitario con residencia legalizada no Estado español.

b) Estar matriculado/a no curso 2015/16 en calquera das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia ou nos centros asociados da UNED nesta comunidade autónoma para realizar estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, licenciatura, diplomatura, enxeñaría, arquitectura, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica.

c) Participar no programa de mobilidade universitaria con fins de estudos con autorización da universidade de orixe e ser beneficiario da axuda do programa Erasmus+.

d) Non ter gozado desta axuda complementaria en convocatorias anteriores.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, a partir do día 5 de xaneiro.

Podedes conseguir máis información pinchando aquí

No hay comentarios:

Publicar un comentario