Acaba de publicarse a Orde que regula a explotación de percebe, equinodermos, solénidos, algas, peneira, anemones e poliquetos en Galicia.
Algúns dos requisitos, para poder traballar na explotación a pé destes recursos, son, por exemplo:
-Estar empadroado nun concello do litoral.
-Ter a certificación profesional.
-Ser maior de 18 anos.
No caso da explotación en embarcacións, algúns requisitos son, por exemplo:
-Contar con menos de 5 artes no permiso de explotación da embarcación.
- Ter menos de 3 TRB ou 2,6 GT no caso da modalidade de percebe; e ter menos de 10 TRB ou 10 GT para o resto das modalidades.
-Dispoñer de medios mecánicos de propulsión.
-Os tripulantes deben estar en posesión dos certificados profesionais.
Se vos interesa o tema, entrade no enlace que aparece máis arriba e lede toda a información.
No hay comentarios:
Publicar un comentario