27 enero 2016

Pago único por fillos menores de 3 anos.



A Consellería de Política Social acaba de convocar as súas axudas para o ano 2016, por fillos menores de 3 anos.

Poderán recibir esta axuda:

- Familias con fillos menores de 3 anos a 1 de xaneiro de 2016.

- Familias con fillos adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2014 e o 31 de decembro de 2015, aos que a prestación se lles concederá durante os tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou administrativa que a declare. 

- Aquelas persoas solicitantes dela no ano 2015 que, cumprindo todos os requisitos, non se lles aboara por insuficiencia orzamentaria.


A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos. A contía será a seguinte:

– Cando sexa o primeiro fillo: 360 euros.
– Cando sexa o segundo fillo: 1.200 euros.
– Cando sexa o terceiro fillo e sucesivos: 2.400 euros.

 O prazo de presentación das solicitudes será de corenta días naturais, contados a partir de mañá.

Para ver os requisitos que hai que cumprir, a documentación a entregar ou os lugares de presentación desta, mirade aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario