Se durante este curso escolar, causas sobrevidas ou imprevistas, dificultan a continuidade dos teus estudos universitarios por razóns económicas, podes solicitar esta axuda.
As solicitudes presentaranse preferentemente por vía electrónica, cubrindo o formulario da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
Se a causa imprevista aconteceu antes da publicación desta orde, terás un mes desde o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Se sucedeu despois da publicación desta orde, terás un mes a partir de que acontecese dita causa, con data límite de 31 de xullo de 2016.
Le todos os requisitos e solicítaa se a precisas.