07 agosto 2015

MOCIÓN PASOS DE PEÓNS


O PLENO DO CONCELLO DE MEAÑO

O Grupo Municipal Socialista (PsdeG-PSOE) no Concello de Meaño a través da sua voceira Icía García Fernández e ó abeiro do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (Real Decreto 2568/1986) presenta ante o Pleno da Corporación Municipal a seguinte:

MOCIÓN


Dende fai varios meses levamos recibindo moitas peticións de parte de asociacións veciñais así como peticións particulares en materia de seguridade vial.
Os nosos veciños quéixanse da perigrosidade que supón cruzar a carretera en moitos lugares moi transitados.

Por todo elo, solicitamos ó Pleno da Corporación a adopción do seguinte.



ACORDO:

  1. Acordar a realización de pasos de peóns nos núcleos máis transitados do noso concello, como por exemplo:
  • Diante da Casa de Cultura de Padrenda, así como na entrada de Padrenda.
  • Na recta de Simes
  • En Galiñáns, entre o cruce que vai a Paradela e a entrada do sendeiro da Ruta dos Muiños



En Meaño, 3 de agosto de 2015


Asdo: Icía García Fernández
Voceira do PSdeG-PSOE

SRA.ALCALDESA-PRESIDENTA DO EXCMO CONCELLO DE MEAÑO

No hay comentarios:

Publicar un comentario