07 agosto 2015

MOCIÓN TRANSPORTE PÚBLICO.


O PLENO DO CONCELLO DE MEAÑO

O Grupo Municipal Socialista (PsdeG-PSOE) no Concello de Meaño a través da sua voceira Icía García Fernández e ó abeiro do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (Real Decreto 2568/1986) presenta ante o Pleno da Corporación Municipal a seguinte:
MOCIÓN


Hai un único autobús a Pontevedra ás 7.00 am que implica un cambio de autobús en Samieira; e un servizo de regreso ás 12.00 do mediodía. Este horario resulta de moi pouca utilidade xa que chega a Pontevedra ás 8.00 am cando aínda non existe actividade comercial ata unha ou dúas horas despois, o que implica unha perda de tempo importante para ter como única opción de regreso un autobús ás 12.00.

Segundo o real decreto 1211/1990 do 28 de Setembro polo que se aproba o regulamento da lei de ordenación dos transportes terrestres (BOE 08-10-1990) claramente especifica no seu título III, apartado A) "Os servizos realizaranse para satisfacer as necesidades dos usuarios co maior grao de eficacia posible e a utilización máis axeitada dos recursos sociais"

Á parte da insuficiencia dun único servizo, as deficiencias deste están á orde do día:

HORARIOS: Estes varían de forma constante. Dunha semana a outra pode existir unha diferenza de ata dez minutos no seu paso polas diferentes paradas, chegando tarde ao enlace de Samieira e deixando aos usuarios tirados na parada ata o seguinte autobús que adoita pasar unha hora e media despois.

SERVIZOS QUE NON SE REALIZAN: A pesar de ter un único servizo ao día, esta empresa demostra unha carencia absoluta de profesionalidade xustificando a non realización do servizo porque o autobús non acendeu esa mañá.

RUTAS: Durante os períodos vacacionais (verán, nadal, semana santa, etc) , a ruta varía. Para chagar a Pontevedra, primeiro levan aos usuarios facer unha "ruta turística" por Armenteira, percorrendo todas as paradas de autobús para, a continuación, deixarnos en Samieira co fin de coller o enlace a Pontevedra. É dicir, un traxecto que debería durar de media uns 30 minutos, convértese nunha hora ou máis en chegar ao seu destino.

INFORMACIÓN: Nin neste traxecto; nin en ningún outro que coñeza, existen información de horarios nas paradas. Se un intenta chamar por teléfono a empresa que realiza o servizo para informarse, poden acontecer dúas cousas; ou ben non hai resposta, ou, se responden, simplemente se desentenden do problema.
Consideramos que esta situación require medidas urxentes; pola contra, a Administración, encargada de velar polos intereses dos cidadáns non estaría a cumprir a súa principal función.

Por todo elo, solicitamos ó Pleno da Corporación a adopción do seguinte.



ACORDO:

Que se solucione este gran problema para os usuarios meañeses deste servizo; xa sexa a través das suxerencias que a continuación se detallarán ou doutras:

  1. Contratación dun mini-bus municipal que percorra todas as parroquias do noso Concello co destino final de Estación de Sanxenxo, en donde poidan enlazar con calquera ruta.
  2. Contratación dun autobús, xestionado pola Mancomunidade, que resolva ditos problemas, que non ocorren sólo no Concello de Meaño, senon nos concellos veciños.
  3. Que o Cocello de Meaño interceda polos usuarios meañeses e negocie coa empresa unha mellora das condicións do servizo.

En Meaño, 3 de agosto de 2015


Asdo: Icía García Fernández
Voceira do PSdeG-PSOE


SRA.ALCALDESA-PRESIDENTA DO EXCMO CONCELLO DE MEAÑO

No hay comentarios:

Publicar un comentario