No Pleno da Corporación do luns 10 de agosto de 2015,debatíronse catro MOCIÓNS, presentadas todas elas polo noso partido.
Na ETIQUETA MOCIÓNS do noso blog, atoparédelas completas e poderedes lelas.
1. Na primeira delas, pedíanse pasos de peóns en diferentes puntos do Concello de Meaño (en Padrenda, Simes ou Lores).
A MOCIÓN FOI APROBADA, polo que, desde o concello se lle pedirá aos organismos competentes, que os instalen.
2. Na seguinte moción, solicitábase unha mellor atención do Servizo de Transporte Público no concello, por parte da empresa MONBÚS, ofrecéndose tres posibles solucións.
Algúns dos argumentos contrarios a esta petición e expostos no Pleno foron:
-A competencia desleal á empresa adxudicataria.
NÓS DICIMOS: ningún dos portavoces dos outros partidos valorou a posibilidade de solicitar á Xunta de Galicia a creación dunha liña desde este concello a Sanxenxo.
-O elevado custo do servizo.
NÓS DICIMOS: actualmente a maioría dos usuarios son persoas maiores, que viven soas e non dispoñen doutros medios de transporte nos que chegar a Pontevedra, por exemplo; ademais de contar con recursos económicos reducidos. Nun concello con superavit, non debe haber escusas para non atender ás necesidades dos seus veciños.
A MOCIÓN FOI REXEITADA NOS SEUS PUNTOS UN E DOUS E APROBADA NO TERCEIRO PUNTO, polo que o concello intercederá coa empresa adxudicataria, para unha mellora nas condicións do servizo.
3. A terceira petición pretendía que se instase á Xunta de Galicia a replantexar o seu modelo de banco de libros.
Os argumentos usados en contra desta moción, polos portavoces dos demais partidos foron:
-A renda é o indicador máis axeitado para repartir os libros.
NÓS DICIMOS: todos coñecemos casos de veciños con ingresos máis altos que os nosos e declaracións da renda máis favorables porque canto máis alto é o poder adquisitivo, máis capacidade teñen as persoas de contratar mellores xestores.
-O CEIP de Meaño-As Covas está dentro do Proxecto ABALAR e descoñecemos se o IES de Meaño o está ou non. Ademais, supoñemos que o CEIP de Coirón-Dena entrará nel proximamente. Este é o futuro e as novas tecnoloxías substituirán aos libros en papel.
NÓS DICIMOS: o CEIP de Coirón-Dena é o centro educativo máis grande do Concello de Meaño e NON forma parte da Rede ABALAR.
O IES de Meaño forma parte da Rede ABALAR, tal e como se mostra na páxina da Xunta de Galicia. Cun simple vistazo a esta páxina, os portavoces podían argumentar correctamente, tendo en conta que, desde varios días antes do Pleno, coñecían as nosas mocións.
O Proxecto ABALAR só inclúe os cursos de 5º e 6º de Educación Primaria e 1º e 2º de Educación Secundaria Obligatoria, polo que só serve para un número reducido de escolares do Concello de Meaño.
QUE PASA COS DEMAIS ALUMNOS?
A última convocatoria para entrar a formar parte do Proxecto ABALAR foi publicada o 20 de marzo de 2012, para incorporar centros novos durante o curso 2012-2013. Polo tanto, desde fai dous cursos non se incorporan centros novos a este Proxecto, polo que o colexio máis grande do concello NON ten opción de beneficiarse do ABALAR.
Podedes velo aquí.
O Proxecto de Educación Dixital E- DIXGAL, que pretende substituir os libros de texto polos libros dixitais, púxose en marcha este curso só para o alumnado de 5º deEducación Primaria e, para formar parte deste proxecto experimental, o centro ten que pertencer á Rede Abalar.
RECORDÁMOSVOS QUE OS ALUMNOS DO CEIP DE COIRÓN-DENA NON PODE BENEFICIARSE DESTE PROGRAMA.
A MOCIÓN FOI REXEITADA.
4. A última das peticións presentadas pretendía a retirada da Lei de Seguridade Cidadá (LEI MORDAZA), a través da presión dos municipios.
Os argumentos dados en contra desta moción foron que en Meaño se escoita a todos, sempre que o fagan con educación.
NÓS DICIMOS: que pasa co resto das faltas que establece a lei?
Por suposto, A MOCIÓN FOI REXEITADA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario