O luns pasado houbo "Pleno da Corporación", coma CADA SEGUNDO LUNS DOS MESES PARES.
Nós cremos que é importante que todos os veciños estean informados de aqueles temas que se tratan nos plenos e do por que das decisións que se toman. Así que, seguindo a nosa liña de transparencia, imos explicarvos cal foi a nosa postura neste pleno e por que.
-O primeiro punto que houbo que votar, foi o da APROBACIÓN DA CONTA XERAL DO CONCELLO DE MEAÑO, correspondente ao exercicio económico 2014.
Os representantes socialistas Icía García e Manuel Radío vironse obrigados a "ABSTERSE", dado que, de maneira reiterada, SE PRESUPOSTA DE MANEIRA INCORRECTA, quedando escasa a contía económica dalgunhas partidas.
Esta é unha queixa que o partido socialista fai en cada presuposto municipal, desde a pasada lexislatura, sen que o equipo de goberno cambie o seu modo de actuar.
-O seguinte tema que se abordou foron as FESTAS LOCAIS para o ano 2016.
Por fin, as reivindicacións socialistas foron escoitadas e Santa Lucía será festivo no Concello de Meaño no ano 2016, xunto con San Benito.
Por suposto, o noso voto foi "A FAVOR".
-O terceiro aspecto a decidir foi sobre unha MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS. Isto relaciónase coa mala xestión do presuposto anual: COMO NON SE FAN BEN AS CONTAS, durante o ano hai que recurrir a diversas ampliacións de crédito, para, por exemplo, limpar camiños rurais, aínda que isto é algo que hai que facer cada ano, polo que é un gasto previsible.
É por isto, polo que, neste caso, os nosos concelleiros tiveron que votar "EN CONTRA", da mala xestión do PP.
-Tamén se decidiu sobre a ADHESIÓN do Concello de Meaño ao:
1. CONVENIO ENTRE A ADMINISTRACIÓN XERAL DO ESTADO E A XUNTA DE GALICIA, para a creación de OFICINAS DE CONTACTO, nas que se recollerán, rexistrarán e enviarán comunicacións dos cidadáns a diferentes administracións, coma por exemplo, á Deputación Provincial.
O noso voto foi "A FAVOR", se ben consideramos que este tipo de oficina é insuficiente, dado que no convenio ofrecíase a posibilidade de crear oficinas de información e de xestión, que ofrecen un maior número de prestacións aos veciños.
2. GRUPO DE DESENVOLVEMENTO LOCAL DA PESCA DA RÍA DE PONTEVEDRA. Desde o Concello de Poio, puxéronse en contacto con Icía García para que apoiasemos a entrada do Concello de Meaño neste grupo, que vai favorecer aos nosos traballadores do mar, ademais de NON supoñer coste económico.
Votamos "A FAVOR".
3. ACORDO MARCO DE COLABORACIÓN ENTRE O MINISTERIO DE HACIENDA E A FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS SOBRE A LEI DE TRANSPARENCIA.
Neste caso, "ABSTENCIÓN" foi o que votamos porque consideramos insuficientes as explicacións dadas no Pleno, se ben a transparencia é fundamental e somos uns firmes defensores da mesma.

No hay comentarios:
Publicar un comentario