No Pleno da Corporación do 10 de agosto de 2015, os nosos representantes, Icía García e Manuel Radío, fixéronlle diversos ROGOS a Lourdes Ucha Varela, alcaldesa do Concello de Meaño.
Solicitaron:
-A limpeza da fonte e o río de lavar, situado en O Castro, parroquia de Dena, aportando fotografías, nas que se apreciaba o seu mal estado.
-A correcta sinalización, incluidos os aparcamentos, do contorno do Centro de Saúde de Dena, cara a Rúa Nova.
-A retirada do parque infantil, situado ao pé da Casa de Cultura de Simes, debido ao seu mal estado e a creación, no seu lugar, dunha zona axardinada e con bancos.
Esta é unha petición que nos achegou a Asociación de Veciños de Simes, durante as entrevistas que realizamos desde o Partido Socialista de Meaño durante a campaña electoral.
-A dotación de auga para o grifo da Praza do Concello, preto do parque en infantil en Meaño.
Por outra parte, felicitamos á alcaldía por tapar o buraco que había diante do Pazo de Lis, en Meaño. Esta é unha obra que solicitamos de maneira reiterada desde o partido socialista e que, por fin, foi atendida.

No hay comentarios:
Publicar un comentario